xoves, 21 de novembro de 2019

    DÍA   INTERNACIONAL   CONTRA   A                    VIOLENCIA   DE   XÉNERO

           
CHEA DE VIDA. GUADI GALEGO  
Voltar:
A terra que vos viu nacer...
Onde os pobos deixan ver...
Limpo e mais limpo...solpor
Voltar:
Onde a pedra viu medrar,
Onde as rúas...estreitan,
Onde os bares non fecham.
Estarei subindo a unha montaña...
Estarei buscando a sombra, dunha parra. 
Estarei..........estarei...estarei.
CHEA DE VIDA.
CHEA DE VIDA.
CHEA DE VIDA.
Voltaremos vernos noutro momento,
Voltaremos vernos, con movememento.
Voltaremos vernos, por fóra e por dentro.
Voltaremos veeeerrnoooos,
en silencio? ... con respecto.
En silencio? ... sin pretensións.
En silencio...
En silencio...
Estarei subindo a unha montaña...
Estarei buscando a sombra, dunha parra. 
Estarei.........estarei...estarei.
CHEA DE VIDA.
CHEA DE VIDA.
CHEA DE VIDA.


DEREITOS NENAS E NENOS

20 NOVEMBRO. DEREITOS NENAS E NENOS
POCOYÓ
PROTECCIÓN
IDENTIDAD
IGUALDADE
FAMILIA

venres, 15 de novembro de 2019

PRIMEIROS AUXILIOS

                 



       
                          

     O XOVES 7 DE NOVEMBRO VISITOU O NOSO                   COLEXIO OLALLA, A NAI DA NOSA                                       COMPAÑEIRAIRIA IRIA.
      ENSINOUNOS COMO TEMOS QUE                                      COMPORTARNOS ANTE UNHA EMERXENCIA.
       LEVAMOS OS NOSOS PELUCHES E RESULTOU                 UNHA   ACTIVIDADE MOI INTERESANTE 
       E TAMÉN MOI   DIVERTIDA.
           

martes, 5 de novembro de 2019

OLA, LOLA!

OLA LOLA.
QUERÉMOSTE MOITO.
QUEREMOS QUE VOLVAS.
MÁNDANOS MÁIS CARTAS E FOTOS.
ESTAMOS APRENDENDO MOITO.
O XOVES IMOS FACER UNHA FOTO CON OLALLA, QUE VAI VIR A ENSINARNOS COUSAS SOBRE A SAÚDE. DESPOIS MANDÁMOSCHA.
ÍMOSTE BUSCAR NO RECREO TODOS OS DÍAS.
ATA PRONTO

xoves, 24 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS. 24 OUTUBRO


      El Día de la Biblioteca surgió por iniciativa de la Asociación      Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en 1997, y desde entonces, se viene celebrando en toda España. 

  

A SEN CONTO

Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa.
E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.
Nunha casca de noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa, que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos. Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor. Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.
Finalmente, despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser princesa para ser a protagonista de todos os contos.
Longa vida ás bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.
Gemma Pascual

xoves, 17 de outubro de 2019

ÍAN


                                         

martes, 10 de setembro de 2019

                  BENVIDAS NENAS E NENOS A UN                   NOVO CURSO ESCOLAR 2019-2020.
               QUE FAGAMOS  UNHA MOI 
                  BOA ANDAINA XUNTOS.

COMPOSTAXE

XOGO COMPOSTAXE

luns, 13 de maio de 2019

MURAL DE CARRIL



CARLOS NÚÑEZ. MAIO LONGO


AMENCER. CARLOS NÚÑEZ


BOTÁMOSTE DE MENOS

                       OLA QUERIDA LOLA:
  HAI MOITO QUE NON SABEMOS DE      TI,   E TI NON SABES DE NÓS.
  POR ONDE ANDAS AGORA?
  NO RECREO AÍNDA TE SEGUIMOS        BUSCANDO PORQUE CREMOS QUE        ALGÚN DÍA VOLVERÁS, NON?
  MANDÁMOSCHE FOTOS PARA QUE NON    TE ESQUEZAS DE NÓS.
  BOTÁMOSTE MOITO DE MENOS

xoves, 21 de marzo de 2019

SÍNDROME DE DOWN

ANUNCIO

O NOSO MANU

                                                                     
                                                                       
1º CALCETÍNS

luns, 18 de marzo de 2019

domingo, 24 de febreiro de 2019

LOLA E ROSALÍA


     
                                         
                                AQUÍ  ESTOU CELEBRANDO  O DÍA DE 
          
                                           ROSALÍA DE CASTRO
              
                                  LENDO ALGÚN POEMA DO SEU LIBRO

                                            "CANTARES GALLEGOS"


domingo, 3 de febreiro de 2019

A PAZ PERFECTA

MURAL PAZ

¿DE QUIÉN ES ESTE RABO? Contraportada

¿DE QUIÉN ES ESTE RABO? Portada

POEMA

LIBRO DA PAZ

A FADA ROSITA

UNHA MULLER, UNHA FOTO, UNHA HISTORIA

DESCARGAR

UNHA MULLER, UNHA FOTO, UNHA HISTORIA

venres, 18 de xaneiro de 2019

mércores, 16 de xaneiro de 2019


MAPA VIAXES DE LOLA

FOTO



    POIS AQUÍ ESTOU, CO MEU AMIGO LEO. DESCANSANDO DE TANTA VIAXE E DE IR NA CABALGATA DOS REIS MAGOS.
    SABEDES QUE EN LISBOA NON CELEBRAN OS REIS?
    POIS NON.
    LEVEI TANTO SUSTO QUE FUN CORRENDO PARA ESPAÑA OUTRA VEZ. BUENO, CORRENDO NON, EN COMBOIO, QUE É COMO SE DI TREN EN PORTUGUÉS. 
    E O MÁIS CERCA QUE TOPEI FOI BADAJOZ, E AQUÍ ESTOU, NESTA TERRA EXTREMEÑA.
    VAI UN FRÍO!!!!
    MENOS MAL QUE EU TEÑO AMIGOS EN TODAS PARTES E AQUÍ VIVE LEO, E ESTA É A SÚA CAMA.
    POIS ESO, QUE FUN NA CABALGATA DE BADAJOZ CON LEO.
    QUE SORTE TIVEN!!!!
    AÍNDA VOS BOTO MOITO DE MENOS PERO... HAI TANTO QUE VER NO MUNDO!
     MOITOS BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS, E... NON VOS ESQUEZADES DE MIN.
          Lola