venres, 19 de xuño de 2020

VENRES 19 DE XUÑO

Pois hoxe si é VENRES SI, festa, o último día de clases, pero  o aprender é cousa de tódolos días, así que non esquezades estar moi atentas e atentos a todo o que poidades aproveitar para medrar por dentro e por fóra.
Teriamos que estar todos de celebración, pero esta vez será por separado.

O que aínda seguirá de festa é... que onte cumpliu anos.
QUEN SERÁ?
Pista: é de 2º B o seu nome comeza pola penultima letra do abecedario castelán.

Como resultou difícil, Jesús mándanos a ubicación para que fagamos o roteiro:

E agora volvemos a onde empezamos:

ONDE ESTÁ?



Un libro máis para a nosa colección:

Os pintores vilagarciáns estarán orgullosos das vosas obras.
Dani

Emma

Sara


A profe Elisa, que está feita toda unha poeta, preparou estas bonitas palabras para todos vós no nome das dúas.


ATA SEMPRE QUERIDÍSIMOS PEQUES

Recordade que podedes continuar traballando con SNAPPET durante todo o erán

xoves, 18 de xuño de 2020

XOVES 18 DE XUÑO

Moi bos días.
Como Jesús ve que está sendo moi difícil , mandou outra foto do mesmo sitio.
ONDE ESTÁ?
Outra máis
ONDE ESTÁ EMMA?


E esto que nos mandou Álex
QUE RICO!


 Hoxe imos escoitar este precioso conto de PAULA CARBALLEIRA, veredes como aprendedes algo para a vida.



E REPASAMOS CIENCIAS NATURAIS


Animales Vertebrados II

mércores, 17 de xuño de 2020

MÉRCORES 17 DE XUÑO

Moi bo día.
Pois si é o BOSQUE MÁXICO, como lle chama Celia, en Carril,ao lado do mar e perto do cemiterio.
Ollo a esta que manda Jesús.
(Pista: Vilagarcía)😮😳
ONDE ESTÁ?

É certo, as frechas dos avións desaparecen, son frechas nerviosas. Esta é a resposta:
 PRESENTE: juego, escriben,limpias, hablan.
PASADO: estuve, gritaron,comimos, leíste.
       FUTURO: peinarán, viajaré, tomarás, uniremos.

ARTE
Hoxe imos facer unha visita ao MUSEO DO PRADO que está en Madrid e que é un dos máis importantes do mundo. Veredes que interesante.


REPASO




martes, 16 de xuño de 2020

MARTES 16 XUÑO

Moi dos días a todas e a todos.
Estas son fotos que mandou Emma
ONDE ESTÁ?
(Ela xa deu unha pista)


QUE BONITOS TRABALLOS FIXESTES!



Hoxe imos repasar 

PLANTAS:

O TEMPO:



luns, 15 de xuño de 2020

LUNS15 DE XUÑO

Bos días. 
Pois así, pouquiño a pouquiño, chegamos á última semana deste curso tan raro.
Imos dedicala a repasar. Xa sabemos que os libros non están terminados, é normal. Pero despois dun merecido descanso, durante o verán ídelos facendo pouco a pouco, o que poidades, porque é moi importante que empecedes en setembro o mellor preparados posible.
Podedes dicirnos se queredes que tratemos algo especialmente difícil, ou o que queirades.

Si, Manuel, tes razón, non o comprobara no xogo.

Moi ben o da fonte de Guillán. A ver hoxe se localizades esto que mandou Álex
ONDE ESTÁ?


Falta estudiar a táboa do 9. Se as sabes todas só tes que aprender:
9x9=81


E non descoidedes Snappet.

venres, 12 de xuño de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Bos días.
Si, é o de Guillán, está moi agochado.
Esta xa é máis fácil
ONDE ESTÁ?


A VER COMO ANDA ESE OLLO DE DETECTIVE


Estavos resultando difícil o tema da MÁQUINAS?
Un pouco si, non? Mirade este vídeo



PARA TERMINAR, UN XOGO DE LITROS

QUE TEÑADES MOI BOA FIN DE SEMANA

xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Moi bos días queridos Peques.
Ala! Canta relación con artistas!
Estamos rodeados de xente interesante, de moita valía en moitos aspectos; e vós ides ser desa xente, grandes e, sobretodo, boas persoas.
E como os vosos desexos son ordes para min, aí vai, Mara

Leonardo da Vinci - Mona Lisa (Louvre, Paris)



E UNHA COSIÑA MOI IMPORTANTE: UNHA VEZ MÁIS TEÑO QUE FELICITARVOS PORQUE, ADEMAIS DA PROFE YOSI, DE INGLES, TAMÉN VOS FELICITAN O PROFE AVILÉS, DE E.F. E A PROFE PAULA,DE MÚSICA.
PORQUE SODES OS QUE MÁIS PARTICIPADES NAS ACTIVIDADES QUE PROPOÑEN A TODO O ALUMNADO DO COLE. ESTAMOS MOI ORGULLOSAS DE VÓS.




O tema 6 de CIENCIAS NATURAIS trata dos INVENTOS e as MÁQUINAS seguro que vos interesa. Se cadra  sodes capaces de facer o ventilador das páxinas 108 e 109. Tamén esta ficha

VALORES. Que vos fai pensar este corto? Ten que ver co de gustarnos a nós mesmos e aceptar aos demais como son.



Esta foto non sei se a recoñeceredes, difícil, difícil


mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES 10 DE XUÑO

Moi bos días queridos peques.
Antes de nada rectificar:
No exercicio 4 de CONTOS DE LOLA, en "Solución" tiña que dicir: de Vilanova a Cambados hai________km.(PERDÓN)

Exercicio de comprensión oral:



E outros máis sobre os temas desta semana:

PLÁSTICA
En Vilagarcía hai moitos artistas que fan cuadros preciosos de diferentes estilos.Xa teredes ocasión de ver algunha das súas exposicións. Mirade estes, por se vos apetece copiar algún:
Este é de Xaquín Chaves

Este de Berta Ares

Mila Barcala
Guillermo Pedrosa


Xurxo Alonso

martes, 9 de xuño de 2020

MARTES 9 DE XUÑO

Moi bos días queridos Peques.
Tendes bo ollo, non andades no mundo por andar, senón atentos e mirando arredor, así me gusta. Pois a ver se recoñecedes esta porta.

ONDE ESTÁ?


Si, as páxinas de L.C. son:160, 161,162,163,164 e 165.
E o TEXTO desta semana é que escribades unha historia de como vos imaxinades que vai ser a volta ao cole en setembro, despois de tanto tempo sen ir.

Con este vídeo e as prácticas que podedes facer na casa con botellas de diferentes tamaños a ver se ides entendendo o das medidas de líquidos.
Seguro que si.


E agora esto de repaso:

LOLA 1

luns, 8 de xuño de 2020

LUNS 8 DE XUÑO

Moi bos días. Listos para empezar unha nova semana?

Pois si, é a Igrexa nova de Trabanca.
A ver se recoñecedes esta foto que mandou Jesús.

ONDE ESTÁ?

E agora imos co traballo da semana
LENGUA CASTELLANA. Págs:160,161,162,163, 16, 165
MATEMÁTICAS. Págs. 168, 169,172, 173, 174,175
TÁBOA DO 8:
8X8=64
8X9=72
LEQUELÉ. Tarefa 21

VÍDEO SOBRE O USO DA COMA
EN GALEGO, O MESMO QUE EN CASTELÁN, PERO ANTES DA ÚLTIMA PALABRA POÑEMOS "E", NON "Y". ASÍ:

Fui a la playa con Sara, Iago, Marc, Carla  y  Aroa.
Fun á praia con Sara, Iago, Marc, Carla e  Aroa.

CHEGOU O MOMENTO DE VER COMO QUEDARON OS TRABALLOS DE MATISSE

E O DECÁLOGO DE TONI, QUE SE ENREDOU POLO CAMIÑO







venres, 5 de xuño de 2020

VENRES 5 DE XUÑO

Moi bos días a todas e a todos.
Pouquiño a pouquiño xa estamos terminando outra semana.

Imos empezar cunha foto da localidade, de lonxe para facelo máis difícil.
QUE É E ONDE ESTÁ?


Como hoxe se celebra o DÍA DO MEDIO AMBIENTE imos ver teatro de títeres relacionado co que estudiamos en 
CIENCIAS NATURAIS

Un xogo para traballar

MATEMÁTICAS

QUE PASEDES MOI BOA FIN DE SEMANA!




xoves, 4 de xuño de 2020

XOVES 4 DE XUÑO

Moi bos días.
Hoxe imos facer unhas fichas interactivas e un xogo sobre o que estamos estudiando, vale?
VERBOS


VALORES. HOXE IMOS ESCOITAR E PENSAR SOBRE UNHA FÁBULA CLÁSICA



mércores, 3 de xuño de 2020

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Moi bos días queridos Peques.
Antes de nada RECTIFICAR que é aclarar algunha equivocación:
Esto apareceu o luns
7x7=49
7x8=56
9x9=63
Tiña que poñer
                7x9=63  (PERDÓN)
Tamén parece que me saltei a táboa do 6

E falando de RECTIFICAR, esta palabra é... SI, UN VERBO.
Mirade como cambia:
Teresa RECTIFICOU un erro.(Pasado)
Teresa RECTIFICA un erro.(Presente)
Teresa RECTIFICARÁ un erro.(Futuro)

CIENCIAS SOCIAIS.
O TEMA 6 trata do paso do tempo. É moi interesante coñecer a historia da nosa familia, do lugar onde vivimos, do país.
Acordádesvos de cantas cousas importantes apendestes con aquelas investigacións sobre unha muller da familia, a vida sen plásticos...
Tamén se pode investigar sobre un momumento, un cadro, unha casa.
Podedes averiguar cando se fixo o monumento que aparece na foto do luns?
(Iso é difícil)
E  cando se construiu a casa onde vivides? (Iso é máis fácil)
Sabedes o que é a liña do tempo?
Facede a páxina 95 e veredes que interesante.
PLÁSTICA.
Esta semana mandádenos o debuxo, cadro ou manualidade que vós queirades, que vos guste, que disfrutedes facéndoo.




IIIÑATIIITT



TTI


Tttt

martes, 2 de xuño de 2020

MARTES 2 DE XUÑO

Moi bos días.
Pois si, Sara e Mateo acertaron a resposta. Está en Cea. Eu non a coñecía, descubrina nestes longos paseos de despois do confinamento e pareceume moi interesante. Fixástesvos nos uniformes dos soldados? Seguro que os tendes visto nalgún libro ou xogo.

IMOS COS VERBOS?
As palabras: FALAR, SALTAR,  CORRER, APRENDER, ESCRIBIR, DURMIR... chámanse VERBOS, din o que se fai, son accións.
E son moi xoguetóns os VERBOS, cambian segundo a palabra que leven ao lado, veredes:
Jesús FALA con Álex.
Jesús e Álex FALARON onte.
É o mesmo verbo FALAR, pero...
Mira canto CORREN Yeray e Mara!
Mateo e Sara CORRERÁN despois.
Verbo CORRER
Carmen ESCRIBIULLE unha carta a Jimena.
Icía ESCRIBIRÁ mañá a historia de "Boto moito de menos..."
Verbo ESCRIBIR.
Vedes como cambian?

AGORA FACEDES ESTO:

Los verbos


ESTE É O DECÁLOGO DE CELIA QUE SE ESCAPOU DO LIBRO 



FIGURAS XEOMÉTRICAS

Kizoa - HTML

domingo, 31 de maio de 2020

LUNS 1 XUÑO

Moi bos días queridos Peques.
Hoxe estrenamos mes, o último deste curso tan raro. Ímolo facer con ganas, vale?
Antes de nada queremos  felicitarvos polo estupendo traballo que estades a facer. A profe Yosi díxonos que está moi contenta cos de SEGUNDO, que estades moitos a facer as tarefas que ela está a propoñer.  Ás titoras gústanos moito que nos digan eso. Estamos orgullosas de vós.

EMPEZAMOS CO TRABALLO DA SEMANA.



IMOS COMEZAR UNHA NOVA SECCIÓN DE FOTOS PARA VER SE COÑECEMOS A NOSA LOCALIDADE. PODEDES MANDAR VÓS TAMÉN FOTOS, ADEMAIS DE PARTICIPAR NO RECOÑECEMENTO DO LUGAR.
ONDE ESTÁ?

E AGORA A TAREFA DOS LIBROS.
PERO ANTES ATENDEDE A ESTA EXPLICACIÓN:


MATEMÁTICAS: PÁXS. 166 e 167. 158 e 159. 183.
Estudiar táboa do 7. Se sabedes ben as outras só tendes que aprender
7x7=49
7x8=56
9x9=63
LENGUA CASTELLANA: PÁXS. 149(1, 2, 3), 150(1,2).
Xa iremos vendo eso dos  verbos pouco a pouco.
LEQUELÉ: TAREFA 20.

venres, 29 de maio de 2020

VENRES 29 DE MAIO

Moi bos días.
Moito mellor o das diferenzas. Sempre está ben darlle un repasiño, a que si?
Pois hoxe que é venres imos darlle un repasiño ao traballo da semana.
CIENCIAS SOCIAIS: O PASO DO TEMPO

O paso do tempo, una ficha interactiva de Segundoa
liveworksheets.com
MATEMÁTICAS

xoves, 28 de maio de 2020

XOVES 28 DE MAIO

MOI BOS DÍAS

A ver eses OLLOS DE LINCE. Estavos costando atopar as diferenzas no cadro de Matisse?
É difícil, eu polo que dixo Dani, senón...

Hoxe imos ver o traballo de:
CIENCIAS SOCIAIS.
Páxs. 86, 87,88 e 89.

CIENCIAS NATURAIS.
Páxs.88 e 89.
Na páxina 89 do libro de C. Naturais hai unha palabra que fai referencia a darlle outra oportunidade aos obxectos. QUE PALABRA É?

EDUCACIÓN EN VALORES.
Cal queres que sexa a túa maneira de resolver os problemas?