Pois si, Sara e Mateo acertaron a resposta. Está en Cea. Eu non a coñecía, descubrina nestes longos paseos de despois do confinamento e pareceume moi interesante. Fixástesvos nos uniformes dos soldados? Seguro que os tendes visto nalgún libro ou xogo.
IMOS COS VERBOS?
As palabras: FALAR, SALTAR, CORRER, APRENDER, ESCRIBIR, DURMIR... chámanse VERBOS, din o que se fai, son accións.
E son moi xoguetóns os VERBOS, cambian segundo a palabra que leven ao lado, veredes:
Jesús FALA con Álex.
Jesús e Álex FALARON onte.
É o mesmo verbo FALAR, pero...
Mira canto CORREN Yeray e Mara!
Mateo e Sara CORRERÁN despois.
Verbo CORRER
Carmen ESCRIBIULLE unha carta a Jimena.
Icía ESCRIBIRÁ mañá a historia de "Boto moito de menos..."
Verbo ESCRIBIR.
Vedes como cambian?
AGORA FACEDES ESTO:
Los verbos
Hola soy Toni,no me deja abrir el trabajo.de.figuras geométricas
ResponderEliminarTes razón, Toni. Mira agora.
ResponderEliminar