luns, 15 de xuño de 2020

LUNS15 DE XUÑO

Bos días. 
Pois así, pouquiño a pouquiño, chegamos á última semana deste curso tan raro.
Imos dedicala a repasar. Xa sabemos que os libros non están terminados, é normal. Pero despois dun merecido descanso, durante o verán ídelos facendo pouco a pouco, o que poidades, porque é moi importante que empecedes en setembro o mellor preparados posible.
Podedes dicirnos se queredes que tratemos algo especialmente difícil, ou o que queirades.

Si, Manuel, tes razón, non o comprobara no xogo.

Moi ben o da fonte de Guillán. A ver hoxe se localizades esto que mandou Álex
ONDE ESTÁ?


Falta estudiar a táboa do 9. Se as sabes todas só tes que aprender:
9x9=81


E non descoidedes Snappet.

6 comentarios:

  1. Ola profe. É o lavadeiro de Fonte Santa de Carril. É a mesma foto que te mandou miña nai jeje. Emma

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Este comentario foi eliminado polo autor.

      Eliminar
    2. la que a puesto el comentario fui yo Mara, lo siento por no poner mi nombre.

      Eliminar
  2. Gracias profe el sitio es precioso. 🤗
    El monte esta lleno de loureiros

    ResponderEliminar
  3. Bos dias,o lugar da foto e a fonte Santa preto do cemiterio de carril.

    ResponderEliminar