xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Moi bos días queridos Peques.
Ala! Canta relación con artistas!
Estamos rodeados de xente interesante, de moita valía en moitos aspectos; e vós ides ser desa xente, grandes e, sobretodo, boas persoas.
E como os vosos desexos son ordes para min, aí vai, Mara

Leonardo da Vinci - Mona Lisa (Louvre, Paris)



E UNHA COSIÑA MOI IMPORTANTE: UNHA VEZ MÁIS TEÑO QUE FELICITARVOS PORQUE, ADEMAIS DA PROFE YOSI, DE INGLES, TAMÉN VOS FELICITAN O PROFE AVILÉS, DE E.F. E A PROFE PAULA,DE MÚSICA.
PORQUE SODES OS QUE MÁIS PARTICIPADES NAS ACTIVIDADES QUE PROPOÑEN A TODO O ALUMNADO DO COLE. ESTAMOS MOI ORGULLOSAS DE VÓS.




O tema 6 de CIENCIAS NATURAIS trata dos INVENTOS e as MÁQUINAS seguro que vos interesa. Se cadra  sodes capaces de facer o ventilador das páxinas 108 e 109. Tamén esta ficha

VALORES. Que vos fai pensar este corto? Ten que ver co de gustarnos a nós mesmos e aceptar aos demais como son.



Esta foto non sei se a recoñeceredes, difícil, difícil


7 comentarios:

  1. É que está moi agochado. Mirade agora

    ResponderEliminar
  2. O vídeo de valores e o dos litros a min non me saen

    ResponderEliminar
  3. A foto de hoxe si que está difícil, co de lavaderos que hai.. Je, je

    ResponderEliminar
  4. Profe andas tanto coma nós Eee.. Estamos na duda de si é en Zamar ou en Guillán, pasando a fonte e meténdose por un camiño. Jesús.

    ResponderEliminar
  5. Eu pensó que e un dos lavaderos de Guillan.

    ResponderEliminar