domingo, 26 de abril de 2020

SAÍDA!

COMO FOI ESA PRIMEIRA SAÍDA ?
Se queredes contarnos como foi, estupendo.

E que mellor para a volta ó traballo que un precioso conto da nosa querida contacontos, Merchi?

Tamén podedes escribir o voso primeiro día de saída no DIARIO.Eu vou escribir no meu.

Querido diario:
Hoxe volveu a vida á miña xanela!
Despois de tantos días vendo só terra e auga, hoxe é unha festa  de rapazada con bicicletas, patinetes, pelotas... 
Chamoume a atención unha nena que non soltou o peluche que levaba no colo en toda a carreira. Supoño que non quixo deixar na casa ao compañeiro que tanta compañía lle fixera  todo este tempo de encerro.
Cando eu poida saír a pasear ao mellor  levo algún dos libros que tanto me axudan a pasar este tempo.
Imaxino a todos os meus Peques disfrutando desa hora de saída e alégraseme a alma.
Ata mañá, diario.

4 comentarios:

  1. Hola profe, son Jesús, Domingo saín por primeira vez. Mina nai levantoume cedo,para non atopar moita xente. Saín na bici ata a praia Compostela e voltei,logo fun ata a plazoleta de carril e aplaudironme moito porque era o primero neno que vian e tuven que dar unhas cantas voltas ali porque non querían que me fora. Pola tarde demonos contra que tiña unha roda pinchada,porque tiña un pincho clavado na roda e anduven un pouquiño cos patins diante da casa.

    ResponderEliminar
  2. Hola sou Dani. Onte sain por primeira vez e fun a dar unha volta en bici.

    ResponderEliminar
  3. hola, son Mara me ha encantado o conto de Maruxa

    ResponderEliminar
  4. Buenas soy Sara profe Teresa, supongo que la niña que no soltaba el peluche era yo, fue mi fiel compañero durante el confinamiento y desde hace mucho tiempo, es un perrete muy majo que se llama TOBY, lo saque a pasear porque se lo merecía tanto como yo.

    ResponderEliminar