martes, 31 de marzo de 2020

MARTES 31

Bos días queridos Peques. Hoxe imos traballar
CIENCIAS NATURAIS. Seguimos cos animais.

LINGUA GALEGA


MATEMÁTICAS


E agora buscade alguén que vos faga este DITADO
e, despois, corríxeo.


El papá de mi amigo Cecilio es cocinero. Tiene un famoso restaurante conocido como “La tacita de Cecilio”. Hoy Cecilio me invitó a merendar en su restaurante. Su papá nos hizo una tarta de ciruelas, nueces y manzanas. ¡Qué rica estaba! Para la semana que viene nos hará rosca con nata.

BO TRABALLO!

luns, 30 de marzo de 2020

CONTO

Mirade que regalo tan lindo nos fixo a nosa contadora MERCHI

LUNS 30

Bos días Peques.
Comezamos unha nova semana na casiña con moito ánimo, a que si?
Imos empezar con Ciencias Sociais. Repasade o tema das PAISAXES e intentade facer estes exercicios:



E, despois de descansar un pouquiño, seguimos pensando e medrando...

Como vos quedou o cadro do cuarto de Van Gogh?
Mirade este:


venres, 27 de marzo de 2020

SÁBADO 28

VENRES 27

Bos días Peques.
Hoxe imos comezar cun conto e un exercicio de papiroflexia. A ver que tal se vos dá.
      PAPIROFLEXIA
 
CIENCIAS NATURAIS. A ver se estudiastes e sabedes facer esta proba sobre os animais.



Imos completar o tema da PAISAXE de Ciencias Sociais cuns videos antes de pasar aos exercicios.
Son para ir vendo e estudiando pouco a pouco.
                 
OS ECOSISTEMAS

MATEMÁTICAS
Estades estudiando a tabla? Tendes que ter escrita e estudiar a do 2 e 3.
Problemas de pensar:




LINGUA GALEGA


xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES 26

Bos días Peques.
Esto é o que tendes que saber do tema 4 de Ciencias Sociais. Os vindeiros días poñeremos exercicios do tema.




Unha lectura:




E algo de números




E algo de pintar


mércores, 25 de marzo de 2020

TABLETS

Ola outra vez.
Acordádesvos das tablets coas que traballabamos a veces no cole?
Pois vouvos facilitar unha clave a cada un para que poidades entrar dende a casa e sigades traballando.
Non teño todos os correos. Os que me falten, a ver se o soluciono nos próximos días.
ÁNIMO

MÉRCORES 25

Bos días queridos Peques.
Canto vos botamos de menos!
Pero, como di a canción: "VOLVEREMOS"
Así que MOITO ÁNIMO e A TRABALLAR!

Volvestes a repasar o LIM dos animais? Tendes que facelo varias veces e estudiar. Imos facer unha proba dentro duns días.
Hoxe imos facer:
LINGUA GALEGA



PROBLEMAS DE PENSAR



E NON VOS ESQUEZADES DO DIARIO

martes, 24 de marzo de 2020

MARTES 24

Boa tarde Peques.
Onte foi moito traballo, así que hoxe un pouquiño menos.
Xa fixestes todas as actividades do LIM de animais?
Aí está todo o que traballamos do tema e o que tendes que saber este curso. Podedes facelo varias veces para aprendelo ben.

LENGUA CASTELLANA:



MATEMÁTICAS:

luns, 23 de marzo de 2020

SORPRESA!



TRABALLO PARA COMPLETAR O DIARIO DE HOXE:
Aquí van seis fotos. Cada unha ten un número. Tendes que escribir sobre cada unha:
Quen sae na foto.
En que lugar estamos.
Que actividade estamos facendo.

1

2
3
           
                                                                                 4
                                         
5
6

PARA TRABALLAR


                                                                                 

LUNS 23


Bos días queridos peques:
Empeza a 2ª semana desta situación tan rara sin cole e imos a organizarnos ben, vale?
Cada día temos que:


  •      Escribir no DIARIO e debuxar. Vaivos quedar un libro precioso.
  •       Facer algún DITADO que nos diga papá ou mamá e repasalo ben con eles, para ver se separamos ben as palabras, se puxemos as maiúsculas, -mp, -mb, boa letra, etc.
  •          Facer contas e problemas de matemáticas.
  •         Ademais, cada día, propoñeremos actividades das outras áreas.

        ÁNIMO, QUE O IMOS CONSEGUIR!



CIENCIAS NATURAIS.
ANIMAIS 1
OS ANIMAIS 2
OS ANIMAIS traballo

sábado, 21 de marzo de 2020

SÁBADO 21

  MOI FELIZ FIN DE SEMANA QUERIDOS PEQUES!
 Hoxe ímosvos deixar un conto e uns xogos, vale?
          PASTEL PARA ENEMIGOS
        VEDOQUE

 
      MIRADE QUE HOMENAXE TAN LINDA                DÍA MUNDIAL SÍNDROME DE DOWN

      HOXE TAMÉ SE CELEBRA O DÍA DA                          POESÍA
Non nos deu tempo a gravar todas as que estabamos preparando, pero aí vai un anticipo de 
                 AMEIXA RADIO
     

venres, 20 de marzo de 2020

VENRES 20

Bos días queridos Peques.

Díxome o meu paxariño que algunha se esqueceu do diario e agora non sabe como seguir porque lle falta algún día. Non pasa nada, podedes facer así:

Carril 20 de marzo de 2020.
Querido diario:
Levo __________ días de retraso, pero vou a seguir. Estiven moi ocupada porque ______________________________________ .
Como temos que estar tanto tempo na casa, fixemos un horario:
Pola  mañá ________________________________ 
Pola tarde ________________________________ 
A min o momento que máis me gusta é cando __________________________________________________
Ás oito saímos a aplaudir. Eso é moi emocionante e todos os veciños saímos á ventá aplaudindo forte.
E xa me despido por hoxe
Un bico

Completamos cun debuxo ben bonito e xa está, así volvemos á rutina do DIARIO.

Aquí tendes para facer exercicios de matemáticas, facedes as da primeira semana:
CIRCO DAS MATEMÁTICAS


xoves, 19 de marzo de 2020

XOVES 19

SI, SI, SI, XA SABEMOS QUE HOXE É FESTIVO,
pero podedes inspirarvos en Kandinsky para sorprender á familia cos vosos debuxos.












ESTE DE "XOGA A BUSCAR "É MOI DIVERTIDO"

mércores, 18 de marzo de 2020

BOS DÍAS

Bos días Peques!
Díxome un paxariño que a algún se lle están esquecendo as restas con levadas. Pois eso non pode ser.
Así que imos repasar e practicar, vale?




PINCHA AQUÍ PARA PRACTICAR
       

martes, 17 de marzo de 2020

      Bos días queridos peques:
   Como está indo este tempo de casa e familia?
   Onte era o día de CONTAR e alguén escribiu no seu diario     que estaba xogando moito cos seus pais e que o pasaba       moi ben na casa, pero que tamén botaba de menos aos         compañeiros e compañeiras do cole.
   Pois claro que si, e para eso é o DIARIO, para que    
   escribades todo o que vos gustaría contar na escola.
   Cando volvamos vainos encantar escoitar todo o que      
   escribistes.
   Acordádevos de poñer a data e tende coidado para  
   escribir correctamente.
   RECORDADE:
   _  Frases curtas.
   _  Puntos.
   _  Maiúscula cando sexa necesario (xa vós sabedes)
   _  Non moitas repeticións.
   _  ...
  E para asegurarvos de que queda perfecto cada relato:  
  ler en voz alta. Seguro que hai alguén para escoitar e 
  darvos a súa opinión.
                  
                        ÁNIMOOOOOOOOOO!!!    

     

    

venres, 13 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS

ESTIMADAS FAMILIAS:
 SEGUINDO AS RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN,  AS TITORAS DE 2º  FACILITAMOS MATERIAIS PARA QUE OS NENOS E NENAS SIGAN TRABALLANDO DENDE A CASA. TEÑEN QUE SER ACTIVIDADES XENÉRICAS, NON AVANZAREMOS NO PROGRAMA, PERO É IMPORTANTE QUE NON PERDAN A DINÁMICA DE TRABALLO E QUE REPASEN PARA CONSERVAR  AS HABILIDADES QUE TEÑEN ADQUIRIDAS.


PÓDENVOS AXUDAR ESTAS PÁXINAS PARA FACER REPASO:
   
    COMPRENSIÓN TEXTOS
    ORTOGRAFÍA
    LECTURAS 2º PRIMARIA
    ALGÚN PROBLEMA
    CÁLCULO

* COMO RUTINA DIARIA SERÍA BO QUE LERAN, CALQUERA TIPO DE TEXTO, E QUE ESCRIBIRAN UN DIARIO CONTANDO AS VIVENCIAS DE CADA DÍA.




luns, 2 de marzo de 2020

XARDÍN BOTÁNICO PADRÓN

O DÍA 4 DE MARZO VISITAREMOS O XARDÍN BOTÁNICO DE PADRÓN.
INTENTAREMOS VER ESTAS ÁRBORES E O INTRUSO:
CASTIÑEIRO DE INDIAS
COROA DE CRISTO
CARBALLO FASTIXIADO
BANCO DOS NAMORADOS
SECUOIAS VERMELLAS
PALMEIRA DE SENEGAL
CAMELIA DE ROSALÍA

COÑECEMOS A ROSALÍA DE CASTRO

O DÍA 4 DE MARZO IMOS VISITAR A CASA MUSEO            ROSALÍA DE CASTRO EN PADRÓN,
ASÍ QUE IMOS A PREPARARNOS.
ROSALÍA DE CASTRO
CARLOS NÚÑEZ E FERNANDA CABRAL


LUZ CASAL E CARLOS NÚÑEZ


VÍCTOR MANUEL E ROSALÍA DE CASTRO


AMANCIO PRADA E ROSALÍA DE CASTRO