venres, 20 de marzo de 2020

VENRES 20

Bos días queridos Peques.

Díxome o meu paxariño que algunha se esqueceu do diario e agora non sabe como seguir porque lle falta algún día. Non pasa nada, podedes facer así:

Carril 20 de marzo de 2020.
Querido diario:
Levo __________ días de retraso, pero vou a seguir. Estiven moi ocupada porque ______________________________________ .
Como temos que estar tanto tempo na casa, fixemos un horario:
Pola  mañá ________________________________ 
Pola tarde ________________________________ 
A min o momento que máis me gusta é cando __________________________________________________
Ás oito saímos a aplaudir. Eso é moi emocionante e todos os veciños saímos á ventá aplaudindo forte.
E xa me despido por hoxe
Un bico

Completamos cun debuxo ben bonito e xa está, así volvemos á rutina do DIARIO.

Aquí tendes para facer exercicios de matemáticas, facedes as da primeira semana:
CIRCO DAS MATEMÁTICAS


Ningún comentario:

Publicar un comentario