Bos días queridos peques:
Como está indo este tempo de casa e familia?
Onte era o día de CONTAR e alguén escribiu no seu diario que estaba xogando moito cos seus pais e que o pasaba moi ben na casa, pero que tamén botaba de menos aos compañeiros e compañeiras do cole.
Pois claro que si, e para eso é o DIARIO, para que
escribades todo o que vos gustaría contar na escola.
Cando volvamos vainos encantar escoitar todo o que
escribistes.
Acordádevos de poñer a data e tende coidado para
escribir correctamente.
RECORDADE:
_ Frases curtas.
_ Puntos.
_ Maiúscula cando sexa necesario (xa vós sabedes)
_ Non moitas repeticións.
_ ...
E para asegurarvos de que queda perfecto cada relato:
ler en voz alta. Seguro que hai alguén para escoitar e
darvos a súa opinión.
ÁNIMOOOOOOOOOO!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario