venres, 19 de xuño de 2020

VENRES 19 DE XUÑO

Pois hoxe si é VENRES SI, festa, o último día de clases, pero  o aprender é cousa de tódolos días, así que non esquezades estar moi atentas e atentos a todo o que poidades aproveitar para medrar por dentro e por fóra.
Teriamos que estar todos de celebración, pero esta vez será por separado.

O que aínda seguirá de festa é... que onte cumpliu anos.
QUEN SERÁ?
Pista: é de 2º B o seu nome comeza pola penultima letra do abecedario castelán.

Como resultou difícil, Jesús mándanos a ubicación para que fagamos o roteiro:

E agora volvemos a onde empezamos:

ONDE ESTÁ?



Un libro máis para a nosa colección:

Os pintores vilagarciáns estarán orgullosos das vosas obras.
Dani

Emma

Sara


A profe Elisa, que está feita toda unha poeta, preparou estas bonitas palabras para todos vós no nome das dúas.


ATA SEMPRE QUERIDÍSIMOS PEQUES

Recordade que podedes continuar traballando con SNAPPET durante todo o erán

xoves, 18 de xuño de 2020

XOVES 18 DE XUÑO

Moi bos días.
Como Jesús ve que está sendo moi difícil , mandou outra foto do mesmo sitio.
ONDE ESTÁ?
Outra máis
ONDE ESTÁ EMMA?


E esto que nos mandou Álex
QUE RICO!


 Hoxe imos escoitar este precioso conto de PAULA CARBALLEIRA, veredes como aprendedes algo para a vida.



E REPASAMOS CIENCIAS NATURAIS


Animales Vertebrados II

mércores, 17 de xuño de 2020

MÉRCORES 17 DE XUÑO

Moi bo día.
Pois si é o BOSQUE MÁXICO, como lle chama Celia, en Carril,ao lado do mar e perto do cemiterio.
Ollo a esta que manda Jesús.
(Pista: Vilagarcía)😮😳
ONDE ESTÁ?

É certo, as frechas dos avións desaparecen, son frechas nerviosas. Esta é a resposta:
 PRESENTE: juego, escriben,limpias, hablan.
PASADO: estuve, gritaron,comimos, leíste.
       FUTURO: peinarán, viajaré, tomarás, uniremos.

ARTE
Hoxe imos facer unha visita ao MUSEO DO PRADO que está en Madrid e que é un dos máis importantes do mundo. Veredes que interesante.


REPASO




martes, 16 de xuño de 2020

MARTES 16 XUÑO

Moi dos días a todas e a todos.
Estas son fotos que mandou Emma
ONDE ESTÁ?
(Ela xa deu unha pista)


QUE BONITOS TRABALLOS FIXESTES!



Hoxe imos repasar 

PLANTAS:

O TEMPO:



luns, 15 de xuño de 2020

LUNS15 DE XUÑO

Bos días. 
Pois así, pouquiño a pouquiño, chegamos á última semana deste curso tan raro.
Imos dedicala a repasar. Xa sabemos que os libros non están terminados, é normal. Pero despois dun merecido descanso, durante o verán ídelos facendo pouco a pouco, o que poidades, porque é moi importante que empecedes en setembro o mellor preparados posible.
Podedes dicirnos se queredes que tratemos algo especialmente difícil, ou o que queirades.

Si, Manuel, tes razón, non o comprobara no xogo.

Moi ben o da fonte de Guillán. A ver hoxe se localizades esto que mandou Álex
ONDE ESTÁ?


Falta estudiar a táboa do 9. Se as sabes todas só tes que aprender:
9x9=81


E non descoidedes Snappet.

venres, 12 de xuño de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Bos días.
Si, é o de Guillán, está moi agochado.
Esta xa é máis fácil
ONDE ESTÁ?


A VER COMO ANDA ESE OLLO DE DETECTIVE


Estavos resultando difícil o tema da MÁQUINAS?
Un pouco si, non? Mirade este vídeo



PARA TERMINAR, UN XOGO DE LITROS

QUE TEÑADES MOI BOA FIN DE SEMANA

xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Moi bos días queridos Peques.
Ala! Canta relación con artistas!
Estamos rodeados de xente interesante, de moita valía en moitos aspectos; e vós ides ser desa xente, grandes e, sobretodo, boas persoas.
E como os vosos desexos son ordes para min, aí vai, Mara

Leonardo da Vinci - Mona Lisa (Louvre, Paris)



E UNHA COSIÑA MOI IMPORTANTE: UNHA VEZ MÁIS TEÑO QUE FELICITARVOS PORQUE, ADEMAIS DA PROFE YOSI, DE INGLES, TAMÉN VOS FELICITAN O PROFE AVILÉS, DE E.F. E A PROFE PAULA,DE MÚSICA.
PORQUE SODES OS QUE MÁIS PARTICIPADES NAS ACTIVIDADES QUE PROPOÑEN A TODO O ALUMNADO DO COLE. ESTAMOS MOI ORGULLOSAS DE VÓS.




O tema 6 de CIENCIAS NATURAIS trata dos INVENTOS e as MÁQUINAS seguro que vos interesa. Se cadra  sodes capaces de facer o ventilador das páxinas 108 e 109. Tamén esta ficha

VALORES. Que vos fai pensar este corto? Ten que ver co de gustarnos a nós mesmos e aceptar aos demais como son.



Esta foto non sei se a recoñeceredes, difícil, difícil