mércores, 13 de maio de 2020

MÉRCORES 13 DE MAIO

Moi bos días a todos e a todas.
Hoxe imos comezar con dous recordatorios:
1º_ As actividades que propoñemos dende este blog teñen TODAS carácter orientativo e facilitador, nunca de obrigado cumprimento. 
Sabemos que cada neno e nena teñen diferente ritmo e disposición, e que cada familia ten as súas particularidades. 
Nós intentamos animar e facilitar recursos.
 Sabemos que agora a tarefa de acompañar e esixir recae nos pais e nais e nós agradecémolo moito, porque entendemos que eso redunda no beneficio do alumnado e na calidade do ensino público pola que todos e todas tanto loitamos.
2º_ Mañá xoves podedes pasar polo colexio para recoller os libros e outro material dos nenos e nenas.
Tendes que ir entre as 13:00 e 14:00 horas, ataviados co necesario e cumprindo as normas básicas de seguridade.

E agora imos seguir coa  SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.
Os vídeos que estades mandando recomendando un libro en galego están fantásticos, facédelo moi ben e xa vos expresades moito mellor. Parabéns!
Como actividade de Plástica propoñemos:


Son chapas para xogar ao tres en raia. Se lle pegades un cartón de cereais por atrás e despois as recortades, xa están listas para xogar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario