venres, 8 de maio de 2020

VENRES 8 DE MAIO

Bos días nenas e nenos de segundo.
Hoxe é venres e imos facer un resumo das tarefas que temos entre mans:

  • Hoxe hai que terminar os exercicios que tendes dende o luns para facer durante a semana.
  • Supoñemos que as tarefas diarias do blog xa as tendes realizadas, senón intentade velas todas porque cada semana avanzamos un pouquiño e repasamos un "moitiño".
  • As nenas e nenos que ides ao día en Snappet tendes so unha lección de cada área, os que ides un pouquiño atrasados vánsevos acumulando, pero ánimo que en canto vos poñades...
  • Son estupendos os contos de Ertico e os cadros de Maruja Mallo, a ver se os publicamos estes días.
  • Tamén os traballos do RÍO están moi ben.
E HOXE IMOS COMEZAR COAS LETRAS GALEGAS QUE SE CELEBRAN 
O.......................................
ESTE ANO ADÍCANSE A.............................................................................
ACORDÁDESVOS DAQUEL TRABALLO QUE TIÑAMOS PENDIENTE?
QUERIAMOS SER FILÓLOGOS IMITANDO A ...........................................
E INVESTIGASTES SOBRE EXPRESIÓNS EN GALEGO QUE XA NON SE USAN MOITO .
ALGÚN XA FIXERA O TRABALLO E ALÍ QUEDOU NA AULA, COS LIBROS, CADERNOS, CERAS, PINCEIS... VIRÍA LOLA?
POIS HAI OUTRO TRABALLO PROPOSTO PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO QUE CONSISTE EN FACER UN PEQUENO VÍDEO RECOMENDANDO UN LIBRO EN GALEGO QUE VOS GUSTARA MOITO. ASÍ QUE IDE PENSANDO E GRAVANDO COA AXUDA DE MAMÁ OU PAPÁ. VÓS XA SODES EXPERTOS NESO DAS EXPOSICIÓNS ORAIS E CADA VEZ FACÉDELO MELLOR.

MIRADE ESTE MARABILLOSO TRABALLO E APRENDEDE SOBRE O HOMENEXEADO ESTE ANO NAS LETRAS GALEGAS.









3 comentarios:

  1. Bos dias, o dia das letras galegas e o 17 de maio. Este ano ádicase a Ricardo Carbalho Caleo.

    ResponderEliminar
  2. O 17 de maio e o día das letras galegas e adícase a Ricardo Carballo Calero. Sou Dani

    ResponderEliminar
  3. O video foi moi divertido. O dia das letras galegas celebrase o 17 maio e este ano adicase a Ricardo Carballo Calero.
    Manuel

    ResponderEliminar